As investigacións de Pavlov son unha das bases das ciencias do comportamento. Nas súas investigacións iniciais, Pavlov observara que tras poñer alimentos na boca do can que estaba a investigar, este empezaba a segregar saliva procedente de determinadas glándulas. Pavlov denominou este fenómeno como reflexo de salivación.
Ao realizar o experimento en repetidas ocasións, observou que a súa presenza (a do propio Pavlov) causaba que o can empezase a segregar saliva sen ter a comida presente, pois aprendera que cando Pavlov presentábase no laboratorio, ía recibir comida. Entón, para poder saber se estaba no certo, puxo un separador entre o can e a comida, desta maneira o can non podía visualizala. O investigador introducía o alimento por unha comporta e rexistraba a salivación do animal.
Pavlov comezou a aplicar distintos estímulos tanto auditivos como visuais que entón eran neutros, xusto antes de servirlle a comida ao can. Os seus resultados indicaron que, tras varias aplicacións, o animal asociaba os estímulos (agora estímulos condicionados) coa comida. Pavlov chamou reflexo condicionado á salivación que se producía tras esta asociación.
O Condicionamento clásico tamén se denomina modelo estímulo-resposta ou aprendizaxe por asociacións (E- R). Os resultados das súas investigacións, déromlle a Pavlov o premio Nobel en 1904.
No proceso, deseñou o esquema do Condicionamento clásico a partir das súas observacións:
• Estímulo Incondicionado (EI) é un estímulo que de maneira automática provoca unha resposta do organismo.
• A Resposta Incondicionada (RI) é a resposta que ocorre no organismo de maneira automática cando está presente un estímulo incondicionado. Para Pavlov sería a cantidade de saliva que o can segregaba cando se lle presentaba a comida.
• O Estímulo neutro (EN) é un estímulo que cando está presente no medio non provoca ningún tipo de resposta no organismo.
• Cando un estímulo neutro asociouse temporalmente cun estímulo incondicionado, este pasa a ser Estímulo Condicionado (EC), xa que é capaz en por si de provocar unha resposta parecida á que provocaba o estímulo incondicionado.
• A Resposta Condicionada (RC) é a resposta que aparece ao presentarse só o estímulo condicionado. Para Pavlov sería a cantidade de saliva que segregaban os cans cando se lles presentaba só o estímulo auditivo ou visual.
• Xeralmente a RC é máis débil que a RI e ten unha maior latencia, é dicir, tarda máis en darse unha vez que o estímulo está presente.
Comentarios
Publicar un comentario