Un recente estudo reflectiu que unha ampla porcentaxe da poboación mundial consome series entre as doce da noite e as seis da mañá, o que levou á American Academy of Sleep Medicine a tomar cartas no asunto. Os seus especialistas advirten que, particularmente nesta franxa horaria, os usuarios deberían dedicarse a durmir e non a permanecer espertos fronte a unha pantalla. Por que renunciar a este hábito? Porque, entre outras cousas, a American Academy of Sleep Medicine asegura que esta adicción ás series é capaz de espertar un problema de insomnio grave, afectando para sempre os hábitos de soño da persoa, e xerando o que se coñece como cansazo extremo. No longo prazo este provoca falta de concentración, dores musculares, e mesmo problemas de memoria. Pero ademais, o cansazo debido ás horas de soño perdidas pode deteriorar o estado de ánimo e as habilidades cognitivas.
Naceu en 1880 en Berlín. Formouse como astrónomo e foi catedrático de metereoloxía na Universidade de Graz (Austria). Alfred Wegener pasou a historia por ser o autor da primeira hipótese xeolóxica consistente en relación coa deriva de continentes; con ela trataba de explicar a espectacular complementariedade da costa Este de Sudamérica coa de Oeste de África, que facía pensar que ambas estiveron unidas. En xaneiro de 1912, Wegener impartiu conferencias en Frankfurt donde explicou por primeira vez ante un auditorio as súas ideas xeolóxicas, as cales foron publicadas en 2 artigos meses despois. Segundo a súa hipótese , uns 200 millóns de anos atrás existiu na Terra un único continente ao que denominou Pangea. Co paso do tempo este continente sufriu unha fragmentación que xerou a formación de dous continentes: - Laurasia: América do Norte, Europa e Asia excepto a India. - Gondwana: América do Sur, África, Antártida, India e Australia. Co paso do tempo temos a imaxe do...