Ir al contenido principal

Stephen William Hawking

Resultado de imagen de stephen hawking
Naceu o 8 de xaneiro de 1942 en Oxford e faleceu o 14 de marzo de 2018 en Cambridge.
Foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico.
Hawking traballou nas leis básicas do universo. Xunto con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no Big Ban e un final dentro dos buracos negros. Unhos resultados que fan que sexa necesario a unificación da Relatividade Xeral coa Teoría Cuántica. Unha consecuencia desta unificación foi que se descubriu que os buracos negros podían emitir radiación e partículas subatómicas e eventualmente poden evaporarse e desaparecer.
En 1974 Hawking foi designado membro da Royal Society e, tres anos máis tarde, profesor de física gravitacional en Cambridge, onde se lle outorgou a cátedra Lucasiana de matemáticas (1980), que fora ditada por tan egrexias figuras como Isaac Newton e, máis recentemente, Paul Dirac. Hawking continuaría ocupando dita cátedra ata a súa xubilación en 2009.
A procura de vida intelixente foi outro dos temas que fascinou a Stephen Hawking: "Nun universo infinito, ten que haber outros casos de vida. Poida que, nalgún lugar do cosmos, quizais, haxa vida intelixente", declaraba en 2015 cando presentou un proxecto millonario para buscar sinais de vida extraterrestre.
Outro dos temas que inquietaban ao profesor Hawking era o avance das máquinas intelixentes. Entre outras reflexións Hawking aseguraba que: "Descoñecemos as posibilidades de vida noutros planetas, poida que nós sexamos os únicos seres intelixentes en toda a galaxia e existe a posibilidade aterradora de que a tecnoloxía supere á raza humana", dixo en 2016.
Hawking indicou que a Terra podería "morrer" en 200 anos se non se actúa contra este problema e que o planeta alcanzará a mesma temperatura que Venus. En palabras de Hawking, Venus é un exemplo do quecemento global descontrolado, algo que podería suceder na Terra se os gases de efecto invernadoiro na atmosfera alcanzan niveis extremos
Hawking sufriu unha enfermidade que era de lenta progresión, chamada esclerose lateral amiotrófica, tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, enfermidade que o levou década paralizándoo progresivamente. Hawking a causa desta enfermidade só se comunicaba empregrando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casouse 2 veces e tivo 3 fillos.
Dúas semanas antes da súa norte, Hawking deixou escrito o seu último legado: cómo predecir o fin do mundo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Arquímedes

Arquímedes foi un físico, inxenieiro, inventor, astrónomo e matemático grego. Arquímedes é considerado un dos cid tíficos máis importantes da Antigüedade clásica. Diseñou innovadoras máquinas incluindo armas de asedio e o tornillo de Arquímedes. Experimentos modernos probaron as afirmacións de Arquímedes, o cal chegou a diseñar máquinas capaces de sacar barcos enemigos da auga ou prenderlles fuego utilizando espellos. Arquímedes utilizou o método exhaustivo para calcular a área baixo o arco dunha parábola co sumatorio dunha serie infinita e deu unha aproximación exactamente precisa do número pi. Tamén definiu a espiral que leva o seu nome, fórmulas para os volúmenes das superficies de revolución e un inxenioso sistema para expresar números moi largos.  Arquímedes morreu durante o sitio de Siracusa, cando foi asesinado por un soldado romano. Unha gran parte do traballo de Arquímedes  no campo da inxenería foi para satisfacer as necesidades da súa cidade natal, Siracusa. O escri

Alfred Wegener

Naceu en 1880 en Berlín. Formouse como astrónomo e foi catedrático de metereoloxía na Universidade de Graz (Austria). Alfred Wegener pasou a historia por ser o autor da primeira hipótese xeolóxica consistente en relación coa deriva de continentes; con ela trataba de explicar a espectacular complementariedade da costa Este de Sudamérica coa de Oeste de África, que facía pensar que ambas estiveron unidas. En xaneiro de 1912, Wegener impartiu conferencias en Frankfurt donde explicou por primeira vez ante un auditorio as súas ideas xeolóxicas, as cales foron publicadas en 2 artigos meses despois. Segundo a súa hipótese , uns 200 millóns de anos atrás existiu na Terra un único continente ao que denominou Pangea. Co paso do tempo este continente sufriu unha fragmentación que xerou a formación de dous continentes: - Laurasia: América do Norte, Europa e Asia excepto a India. - Gondwana: América do Sur, África, Antártida, India e Australia. Co paso do tempo temos a imaxe do

As consecuencias das series.

Un recente estudo reflectiu que unha ampla porcentaxe da poboación mundial consome series entre as doce da noite e as seis da mañá, o que levou á American Academy of Sleep Medicine a tomar cartas no asunto. Os seus especialistas advirten que, particularmente nesta franxa horaria, os usuarios deberían dedicarse a durmir e non a permanecer espertos fronte a unha pantalla. Por que renunciar a este hábito? Porque, entre outras cousas, a American Academy of Sleep Medicine asegura que esta adicción ás series é capaz de espertar un problema de insomnio grave, afectando para sempre os hábitos de soño da persoa, e xerando o que se coñece como cansazo extremo. No longo prazo este provoca falta de concentración, dores musculares, e mesmo problemas de memoria. Pero ademais, o cansazo debido ás horas de soño perdidas pode deteriorar o estado de ánimo e as habilidades cognitivas.