Galileo Galilei foi un físico e astrónomo italiano do século XVI e XVII (naceu o 15 de febreiro de 1564 e morreu o 1642 aos 77 anos) coñecido principalmente por:
– Defender, a través do método científico e a risco da súa propia vida, a teoría heliocéntrica de Nicolás Copérnico.
– Contribuír ao desenvolvemento do telescopio.
– Descubrir os catro principais satélites de Xúpiter (denominados actualmente “satélites galileanos” na súa honra).
En 1609, un antigo alumno fíxolle saber dun novo descubrimento holandés que cambiaría a súa vida : o monocular (anteollo). Galileo construíu o seu propio telescopio, superando en pouco tempo a resolución e posibilidades do instrumento orixinal. O éxito dos seus telescopios non só reportoulle fama por toda Europa e un posto vitalicio na Universidade de Padua, grazas a eles, comezou a observar os astros e aglutinar probas que acabarían apoiando a teoría heliocéntrica que Nicolás Copérnico formulou un século antes.Os seus descubrimentos permitiulle afirmar que todos os corpos celestes non viran ao redor da Terra. Tampouco todos (como os satélites) viran ao redor Sol como afirmaban as teorías copernicanas. As súas teorías tiveron un gran éxito.
Galileo comeza a convencer a todo o mundo e os defensores da teoría xeocéntrica convértense nos seus grandes inimigos. Estes comezan a atacarlle e rexeitan as súas afirmacións. O cardeal Roberto Belarmino ordena en 1611 á Inquisición que investigue discretamente a Galileo.En 1616, a Inquisición e o papa Paulo V censuran as teorías copernicanas ao ser consideradas insensatas, absurdas e heréticas. Pídenlle que expoña a súa tese como unha hipótese e non como un feito comprobado, o que lle causa molestia.
Comentarios
Publicar un comentario