Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018
Stephen William Hawking Naceu o 8 de xaneiro de 1942 en Oxford e faleceu o 14 de marzo de 2018 en Cambridge. Foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Hawking traballou nas leis básicas do universo. Xunto con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no Big Ban e un final dentro dos buracos negros. Unhos resultados que fan que sexa necesario a unificación da Relatividade Xeral coa Teoría Cuántica. Unha consecuencia desta unificación foi que se descubriu que os buracos negros podían emitir radiación e partículas subatómicas e eventualmente poden evaporarse e desaparecer. En 1974 Hawking foi designado membro da Royal Society e, tres anos máis tarde, profesor de física gravitacional en Cambridge, onde se lle outorgou a cátedra Lucasiana de matemáticas (1980), que fora ditada por tan egrexias figuras como Isaac Newton e, máis recentemente, Paul Dirac . Hawk

Os experimentos de Pavlov con cans

As investigacións de Pavlov son unha das bases das ciencias do comportamento. Nas súas investigacións iniciais, Pavlov observara que tras poñer alimentos na boca do can que estaba a investigar, este empezaba a segregar saliva procedente de determinadas glándulas. Pavlov denominou este fenómeno como reflexo de salivación. Ao realizar o experimento en repetidas ocasións, observou que a súa presenza (a do propio Pavlov) causaba que o can empezase a segregar saliva sen ter a comida presente, pois aprendera que cando Pavlov presentábase no laboratorio, ía recibir comida. Entón, para poder saber se estaba no certo, puxo un separador entre o can e a comida, desta maneira o can non podía visualizala. O investigador introducía o alimento por unha comporta e rexistraba a salivación do animal. Pavlov comezou a aplicar distintos estímulos tanto auditivos como visuais que entón eran neutros, xusto antes de servirlle a comida ao can. Os seus resultados indicaron que, tras varias aplicación

A primeira vacina.

Edward Jenner, médico británico que inventou a primeira vacina contra a varíola. En 1796 levou a cabo o seu famoso experimento de inmunización coa linfa da varíola vacina, e naquel momento inaugurouse a era da vacinación. A varíola das vacas era unha enfermidade que producía unha erupción no ubre destes animais. Os campesiños sabían que os ordeñadores podían contaxiarse da varíola das vacas e ademais tamén observaron que si había unha epidemia de varíola, estes traballadores enfermaban en raras ocasións. A Edward Jenner a idea da vacina ocorréuselle tras escoitar a unha leiteira do seu pobo “ Eu non collerei a varíola mala porque xa collín a das vacas”. A partir deste momento, Edward Jenner intuiu que esta experiencia podería levarse a práctica e dedicou máis de 20 anos da súa vida a estudiar esta cuestión. A varíola foi unha enfermidade infecciosa grave, moi contaxiosa a cal foi declarada como erradicada en 1980. Esta enfermidade estaba causada por dúas variantes de virus